jueves, 22 de mayo de 2025

Cronica

O pasado domingo dia 6 de abril os amigos de Paso Miúdo fixemos unha ruta por Vilalaba para despois asistir a feira do Queixo de san Simón

Comezamos a camiñata ao lado do supermercado GADIS para seguir pola rua Castelao que nos levou as aforas da Vila ata un sendeiro libre de ruidos e de coches.A mañá estaba fria pero andando logo se entra en calor.

Unha vez deixamos este sendeiro chegamos ao ruteiro “O paseo dos Soños” ( con este nome como resistirse a visitalo).

Tratase de un paseo fluvial e literario ao lado do Río Madalena, o inicio deste recorrido e ao lado do Muiño do Rañego e acaba na Ponte de Freires, ten a particularidade de ser educativo culturalmente, pois consta con diversas obras escultóricas homenaxe a varias persoas recoñecidas da comarca (escultores, músicos, escritores, científicos, ....)

Discorre por un sendeiro perfectamente acondicionado, en algunhas zonas pavimentado e en outras con pasarelas de madeira. A natureza está moi presente en todo o recorrido, bordeando o río da Madalena todo o recorrido é verde, con una exuberante vexetación típica do bosque da ribeira que o invade todo.

Tamén nos encontraremos unha pequena presa e a área recreativa da Madalena coa sua plaia fluvial, ademáis de varias pontes e muiños. Dende o inicio e cada cen metros, hai un hectómetro literario que lle chaman, unha escultura (algunhas mui orixinais) dedicada a un dos personaxes ilustres, destacados en algún ámbito da cultura, da comarca da Terra Chá.

A idea deste paseo literario partiu da Asociación Cultural Xermolos e a Irmandade Manuel María

O primer hectómetro é unha xaula, baleira, que homenaxea a Manuel María recordando a sua obra “Os soños na gaiola”, quero pensar que aí saio o nome de este precioso recorrido

Desde o 2006 cada ano colócase nel un fito conmemorativo da labor de chairegos destacados, coa denominación de “Hectómetro literario”

. A adxudicación de cada hectómetro leva consigo un pequeno encontro arredor da obra da persoa ou persoas homenaxeadas no Muiño do Rañego paseo da comitiva acompañada de xeito musical ata o lugar do novo fito, e a abdicación en si. 1. Paco Martín (Francisco Martín Iglesias) (2006) 2. Manuel María Fernandez Teixeiro (2007) 3. Agustín Fernandez Paz (2008) 4. Xabier P. Do Campo (Francisco Xavier Puente Docampo) (2009) 5. Dario Xohán Cabana (2010) 6. Xosé Manuel Carballo Ferreiro (2011) 7. Margarita Ledo Andión (2012) 8. Xesús Rabade Paredes e Helena Villar Janeiro (2013) 9. Xosé Ramón Chao (2014) 10. Ramón Luis Chao Rego (2015) 11. Xulio Xiz (Julio Modesto Giz Ramil) (2016) 12. Mini e Mero (2017) 13. Alfonso Blanco Torrado (2019) 14. Miguel Anxo Fernan-Vello (2020) 15. Victor Corral (2021) 16. Sonia Villapol Salgado (2022) 17. Irmáns Coira (Pepe, Carlos e Jorge) (2023)

.Logo de sumerxirnos nesta comitiva de persoaxes ilustres seguimos coa nosa camiñata ao carón do Río Madalena e tamen algun tramo do Camiño de Santiago para prolongar un pouco mais a nosa viaxee así facer tempo para logo ir a Feira do Queixo de san Simon.

Chegamos ata onde deixamos os nosos coches e dende alí fumos a disfrutar da festa e dar boa conta do xantar que na propia feira degustamos.

Para o vindeiro mes faremos xa o tradicional fin de semana onde este ano nos desprazaremos ata a Ribeira Sacra para apreciar a lavor dos vinicultores e disfrutar do seu viño .



Powered by Wikiloc